Noticias

Tes unha actividade vinculada ao monte ou á xestión do territorio? Queremos coñecerte

9 Outubro, 2026

Categorías

Tes unha actividade vinculada ao monte ou á xestión do territorio? Queremos coñecerte

Desde Saberes do Monte queremos ampliar o coñecemento das persoas, comunidades, explotacións e iniciativas que traballan nos territorios do proxecto e desenvolven —ou están interesadas en desenvolver— actividades que contribúan á conservación da biodiversidade.

Buscamos especialmente persoas vinculadas á xestión de montes, gandería extensiva, cabalos e besteiros, apicultura, ecoturismo e outros usos ou aproveitamentos do territorio relacionados cos obxectivos do proxecto.

Durante o transcurso de Saberes do Monte desenvolveremos diferentes actuacións: encontros e espazos de traballo nos territorios, intercambio de experiencias, formación sobre prácticas de xestión, actividades vinculadas á marca colectiva Saberes do Monte, accións de divulgación e outras iniciativas relacionadas coa conservación da biodiversidade e a valorización dos sistemas tradicionais agrogandeiros necesarios para manter hábitats.

Se desenvolves algunha destas actividades, xestionas territorio ou estás valorando poñer en marcha unha iniciativa relacionada, podes deixarnos os teus datos e contarnos brevemente o que fas e os temas que che interesan.

Esta información permitiranos coñecer mellor os axentes activos dos territorios e contactar con aquelas persoas ou iniciativas cuxo perfil encaixe cos requisitos e obxectivos das diferentes actividades que se vaian desenvolvendo no proxecto.

Ámbitos territoriais de Saberes do Monte: Serra do Xistral, Negueira de Muñiz, Serra dos Ancares, Serra do Courel e Serra da Groba.

Municipios: O Valadouro, Muras, Abadín, Ourol, Xove, Alfoz, Vilalba, Negueira de Muñiz, Cervantes, Folgoso do Courel, Oia e O Rosal.


Formulario

Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.
Cal é a túa relación co territorio?
Actualmente desenvolves esta actividade?
Xestionas ou utilizas directamente algunha superficie?
Que relación tes coas prácticas de conservación da biodiversidade?
Que temas che interesan?
Coñeces a marca Saberes do Monte?
Interésache recibir información sobre:
Se hai algunha característica da túa actividade, experiencia, necesidade ou proposta que consideres de interese para Saberes do Monte, podes contárnola aquí.
Autorizas ao equipo de Saberes do Monte a contactar contigo se o teu perfil ou actividade pode encaixar nalgunha das actuacións do proxecto ou para informarte de actividades relacionadas cos teus intereses?