Coñecemento tradicional e
custodia para a conservación
dun monte vivo

Saberes do Monte

O proxecto

Saberes do Monte impulsa a conservación e restauración de hábitats de alto valor ecolóxico en cinco áreas de montaña de Galicia. O proxecto aposta por un modelo de monte vivo no que a conservación da biodiversidade e o desenvolvemento rural avanzan da man.

Grazas á participación das comunidades locais, busca novas fórmulas para recoñecer a contribución das persoas que coidan e manteñen o monte, xerando novas oportunidades para o territorio.

Saberes do Monte

Actividades ligadas ao territorio

Promovemos saberes e actividades tradicionais vinculadas ao territorio, fundamentais para conservar a biodiversidade e impulsar a bioeconomía rural.

Gandería extensiva

Manexo tradicional de cabalos salvaxes

Apicultura

Ecoturismo

Saberes do Monte

Que imos facer

Conservar o territorio

Restauramos hábitats de montaña e melloramos a infraestrutura verde para reforzar a resiliencia do territorio fronte ao cambio climático e os incendios.

Recoñecemos a quen coida o monte

Impulsamos novas fórmulas para apoiar as persoas que contribúen a manter vivo o territorio.

Creamos novas oportunidades

Poñemos en valor produtos e actividades a través da marca Saberes do Monte, favorecendo un desenvolvemento rural sostible.

Saberes do Monte en cifras

Áreas piloto de montaña
0
En espazos de alto valor natural
0 hectáreas
Concellos participantes
0
Anos de traballo
0

Saberes do Monte

Actualidade

Desde Saberes do Monte queremos ampliar o coñecemento das persoas, comunidades, explotacións e iniciativas

O proxecto Saberes do Monte celebrou este mércores a presentación oficial na sede da

Entidades participantes