Evento Saberes do Monte

Localización

Folgoso do Courel (Lugo)

Bioblitz Courel

Información do evento

O 7º Bioblitz do Courel terá lugar o sábado 6 de xuño e o domingo 7 de xuño en Folgoso do Courel (Lugo). Esta iniciativa de ciencia cidadá reúne a especialistas e afeccionados á natureza para ampliar o coñecemento sobre a biodiversidade nun dos espazos naturais máis valiosos de Galicia.

Durante estas dúas xornadas, os participantes visitarán diferentes zonas representativas da serra para identificar e rexistrar especies de flora, fauna e micobiota presentes no territorio, co obxectivo de obter o maior número posible de observacións biolóxicas.

A actividade está organizada pola Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus, o Grupo Naturalista do Hábitat e a Sociedade para a Conservación e o Estudo das Bolboretas en España (SOCEME), entidades que achegan persoal experto para apoiar a identificación das diferentes especies. A actividade terá a súa sede na Estación Científica do Courel, centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela.

PROGRAMA
Sábado, 6 de xuño:

12:00h.- Recepción de asistentes, inauguración e presentación na Estación Científica de Seoane (ECS).
12:30h.- Comezo da actividade. Saída polos arredores do ECS.
15:30 h – Comezo da actividade da tarde. Saídas de prospección de biodiversidade por zonas de montaña de alto valor natural.
19:30 h – Revisión das observacións e resolución de dúbidas.
20:30 h – Tempo libre e cea.
22:00 – Actividade de observación nocturna.

Domingo, 7 de xuño:

10:00h.- Recepción no ECS e inicio da actividade de campo.
13:30h.- Regreso dos grupos. Revisión e resolución de dúbidas.
14:15 – Fin

Formulario de registro: Bioblitz Courel